CINEMA MIÚDO
O xoves 14 de novembro o alumnado de 4º ESO asistiu ao Festival de Cinema Miúdo organizado polo Concello de Ames.
A actividade tivo lugar na Casa da Cultura do Milladoiro onde o alumnado gozou dun cinema alternativo, diferente do que pode ver nas salas comerciais, coas proxeccións dos curtos:
Vagar ata marabillarse | Nina Gantz | Países Baixos - Francia - Bélxica | 2023 | 0:13:50
Mary, Billybud e Fumbleton son tres actores humanos en miniatura que actúan nunha serie de televisión infantil dos anos oitenta chamada «Vagar ata marabillarser». Tras a morte do creador da serie, quedan sós no estudo. Cos seus traxes deteriorándose aos poucos e a súa fame crecente, seguen facendo episodios cada vez máis estraños para os seus fans.
Viaxe de negocios | Gerardo Coello Escalante | México | 2024 | 0:13:10 | ESTREA EN ESPAÑA
Daniel chega á escola cun par de tenis novos, traídos polo seu pai dunha viaxe a Estados Unidos.
Cando ve que outro neno trae os mesmos tenis, comeza a sospeitar que os seus zapatos son a clave dun terrible secreto.
O estado de Alma | Sara Naves | Portugal - España | 2024 | 0:12:09
Alma espértase cada día cunha nova condición, sufrindo as máis variadas transformacións físicas que reflicten os seus sentimentos de inadaptación e que lle impiden seguir unha rutina diaria normal. Cada día que pasa, Alma sente máis soa.
As regras do xogo | Christian Zetterberg | Suecia | 2024 | 0:11:30 | ESTREA EN ESPAÑA
Alma espértase cada día cunha nova condición, sufrindo as máis variadas transformacións físicas que reflicten os seus sentimentos de inadaptación e que lle impiden seguir unha rutina diaria normal. Cada día que pasa, Alma séntese máis soa.
Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
Actividade de Vicedirección en Colaboración co Concello de Ames.
Comments