XOVES 13 DE MARZO
- leonomilladoiro
- 12 mar
- 1 Min. de lectura
O alumnado de 2º bacharelato participou nunha enriquecedora xornada de orientación académica e profesional, guiada por Alejandro Buela e Yeimy Cruz, ex-alumnado do centro. Durante a sesión, compartiron as súas experiencias sobre a transición desde o Bacharelato cara aos estudos superiores, tanto universitarios como de Formación Profesional.
Esta iniciativa proporcionou ao alumnado información práctica e de primeira man, ofrecéndolles consellos valiosos para afrontar esta nova etapa con maior seguridade e motivación, especialmente neste tramo final do curso.

Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes, Somos Referentes!!!
Commentaires