top of page

VENRES 7 DE MARZO

  • leonomilladoiro
  • 6 mar
  • 1 Min. de lectura

O pasado 7 de marzo, alumnado do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES do Milladoiro participou en InnovAmes cun proxecto que combina matemáticas e xogos para potenciar o pensamento lóxico e a análise de datos.

O noso equipo presentou un innovador proxecto baseado na estatística e conseguiu o 2º premio.

A través deste traballo, as/os estudantes exploraron o poder dos datos de forma creativa, aplicando conceptos estatísticos a un enfoque lúdico e didáctico. O recoñecemento en InnovAmes destaca o talento e esforzo do noso alumnado, así como a importancia da estatística no mundo actual.

Parabéns a todo o equipo polo éxito acadado! No IES do Milladoiro seguimos apostando pola innovación no ensino.




Porque no Milladoiro:

 

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!

 
 
 

Comentarios


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
  • b-facebook
  • Twitter Round
  • Instagram Black Round
bottom of page