ASOTRAME
O xoves 14 de novembro tivemos a sorte de contar coa visita ao centro de dous membros da asociación ASOTRAME (asociación galega de persoas transplantadas de medula ósea e enfermidades oncohematolóxicas).Martín, voluntario da asociación, explicoulle ao alumnado de 3º ESO como foi o proceso polo que, hai 6 anos, foi sometido a un transplante por mor de unha leucemia que lle fora diagnosticada. Acompañábao Alba, traballadora social que forma parte do equipo técnico de ASOTRAME, que nos explicou como é o proceso da doazón de medula ósea e destacou a importancia de concienciar á sociedade para que aumente o número persoas doantes.O evento finalizou con preguntas do alumnado, aplausos aos relatores e unha reflexión: a doazón é un acto altruísta que non supón maior esforzo pero que conleva unha gran satisfacción, poder salvar unha vida!!
Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
Actividade do Departamento de Bioloxía e de Orientación.
Comments