2º ESO C e 4º ESO PORTUGUÉS
O alumnado de portugués do 2º C e 4º da ESO realizou o pasado 25 de outubro, unha saída didáctica a Santiago de Compostela co obxectivo de achegar ao alumnado o contacto coa cultura brasileira.
Visitamos a exposición Ser-Tao, na Asociación Maruxa e Coralia, onde puidemos ver exposicións dos artistas brasileiros Colagem Negra, Marcos Vieira e Blecaute, despois dunha actividade previa na clase.
Aínda tivemos tempo de dar un paseo pola cidade, comer uns deliciosos pasteis de nata e visitar a libraría Lila de Lilith, e puidemos coñecer un pouco da historia da libraría, que cumpre este mes o seu aniversario, e tamén aprender un pouco sobre a literatura escrita por mulleres.
Despois da visita, fixemos o camiño de volta á nosa escola.
Foi un día moi enriquecedor.
Podes ver o traballo do alumnado do 4.º da ESO aquí:
Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
Actividade do departamento de Lingua Galega e Portugués.
Comments