VENRES 20 DE DECEMBRO
- leonomilladoiro
- 19 dic 2024
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 8 ene
O IES do Milladoiro prepárase para acoller a súa agardada "Grande Festa da Luz", un evento que promete iluminar a comunidade educativa e celebrar a chegada do novo ano. A festa terá lugar o próximo venres 20 de decembro a partir das 10:50h en diversos recunchos de aprendizaxe no centro.
“A Grande Festa da Luz" será unha celebración vibrante e dinámica que reunirá a toda a comunidade educativa para explorar e compartir o coñecemento a través de proxectos colaborativos. O evento estará dividido en diferentes “focos de aprendizaxe”, cada un coordinado por un grupo de alumnado e profesorado que nos achegará ás distintas áreas de coñecemento.
Aquí tendes unhas ligazóns sobre o que comentou a prensa sobre a iniciativa:
No IES do Milladoiro celebramos a diversidade e procuramos poñer o foco nunha educación na que a excelencia vaia da man da equidade, porque no Milladoiro... Somos Diferentes, Somos Referentes!!!
Comments