FOLIADA SOLIDARIA CON PALESTINA: "A FORZA DA PALABRA E DAS ARTES"
O venres 10 de xaneiro ás 20:00 na casa da Cultura do Milladoiro, tivo lugar unha Gala Solidaria organizada polo alumnado de 4º ESO, as súas familias e coa colaboración do Concello de Ames, co obxectivo de recadar fondos para a ONG Pallasos en Rebeldía.
Esta actividade está aberta a toda a comunidade educativa e á cidadanía en xeral. Non só se trata de un evento para apoiar a Palestina, senón tamén de celebrar a forza da cultura, a arte e a humanidade que nos une como sociedade. Esta gala serve de tributo ás voces silenciadas, e a través de cada actuación, quixemos enviar unha mensaxe de esperanza e resistencia.
Podedes ver o noso traballo no seguinte enlace:
Ligazóns da prensa sobre a iniciativa:
Porque no Milladoiro: Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
Yorumlar