top of page

SEMANA DO 7 AO 11 DE FEBREIRO

ACTIVIDADES DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

O Departamento de Física e Química celebra o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, con Obradoiros de experimentos realizados por un grupo de científicas que forman parte da Sociedade Xuvenil Galega de Química. Alumnado: 3º ESO



Este mesmo día Carlos Varela Casal acompañará a unha alumna de 1º de bacharelato ao IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías) onde se desenvolverá o Masterclass: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, en horario de 9:30 a 17:00h. Por se é do voso interese este é o enlace á actividade: https://igfae.usc.es/masterclass_women_in_science/index.php/xornada/


COMITÉ DE IGUALDADE

O Comité de Igualdade conmemora un ano máis o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia con tertulias científicas. Hora: 2º recreo Lugar de realización: Salón de actos


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. USO DAS REDES SOCIAIS E NOVAS TECNOLOXÍAS.MARTES, 1 DE FEBREIRO

O Departamento de Orientación organiza un taller impartido por técnicos da Garda Civil para 2º ESO A, B e C: “Acoso e redes sociais. Uso das redes e novas tecnoloxías”.


Comments


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page