top of page

SEMANA DO 7 A0 11 DE MARZO


COMITÉ DE IGUALADADE. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. LUNS, 7 DE MARZO. 1º RECREO

O Comité de Igualdade organiza o luns 7, no primeiro recreo, unha actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller, dado que o propio día está convocada a folga que pode ser secundada por un número importante de alumnado do centro


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. PROMOCIÓN DE SAÚDE NO ÁMBITO ESCOLAR. LUNS, 7 DE MARZO E VENRES, 11 DE MARZO

O Departamento de Orientación organiza uns talleres de PROMOCIÓN DE SAÚDE NO ÁMBITO ESCOLAR en colaboración co Concello sobre “Prevención e promoción da saúde no ámbito escolar”


  • 1º e 3ºESO:Talleres de sexualidade

  • 2º ESO: Consumo e adicións

  • 4º ESO e Bacharelato: Regulación e xestión emocional


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. COEDUCACIÓN E RELACIÓNS IGUALITARIAS. 3º ESO. MÉRCORES, 9 DE MARZO

O Departamento de Orientación organiza uns talleres para 3º ESO sobre COEDUCACIÓN E RELACIÓNS IGUALITARIAS, dentro do Plan Director e impartidas polo responsable técnico da Garda Civil.


DEPARTAMENTO DE GREGO. FESTIVAL GRECO-LATINO DE LUGO. MÉRCORES, 9 DE MARZO. 4º ESO A. 1º BACHARELATO B, C. 2º BACHARELATO B

O Departamento de Grego do IES do Milladoiro organiza unha saída didáctica a Lugo o vindeiro día 9 de marzo, co fin de acudir á representación da traxedia grega iIfixenia en Aulide da comedia latina O Persa, encadradas na celebración do Festival de Teatro Grecolatino Lugo – A Coruña 2022, que terá lugar na dita localidade. Posto que as funcións teatrais comezan ás 12:00 e ás 17:00 horas, os horarios quedan así: Hora de partida: 10:15 Hora de retorno: 20:00


EDNLG. DEPARTAMENTO DE MÚSICA. CONCERTO FALADOIRO DE FLAMENCO. XOVES, 10 DE MARZO DE 2022


Concerto de tres grandes artistas internacionais de flamenco: Josemi Carmona (guitarrista de Ketama), Rafita de Madrid (cantador flamenco) e Moisés Fernández (tocador de caixón). a actuación terá lugar na Casa da Cultura, na mañá do xoves.



Comentários


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page