top of page

SEMANA DO 6 AO 10 DE XUÑO

DEPARTAMENTO DE EDUCACIIÓN FÍSICA. EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS. 3º ESO. MARTES, 7 DE XUÑO

O Departamento de Educación Física organiza unha saída á Illa de Ons co alumnado de 3º da ESO. A saída será ás 8:30h e estarán durante toda a xornada lectiva


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA. COA DELICIA DE VOLTAR. MARTES, 7 DE XUÑO

O ENDLG levará ao alumnado de 2º ESO á Casa da Cultura a ver unha actuación teatral de Serafín Marcos: “COA LEDICIA DE VOLTAR” para conmemorar a figura de Florencio Delgado Gurriarán.


DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA. EDUCAR EN XUSTIZA. 1ºBACHARELATO C. MARTES, 7 DE XUÑO

O Departamento de Economía levará ao alumnado de 1º Bacharelato C a aos xulgados de Fontiñas dentro do programa “Educar en Xustiza” actividade organizada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA. ESPECIAL DE RADIO. MÉRCORES, 8 DE XUÑO

Alumnas da radio saen a Rianxo para un programa especial de radio en colaboración co IES Félix Muriel.


DEPARTAMENTO DE EDUCACIIÓN FÍSICA. EXCURSIÓN Á ILLA DE ONS. 1º ESO. XOVESS, 9 DE XUÑO

O Departamento de Educación Física organiza unha saída á Illa de Ons co alumnado de 1º da ESO. A saída será ás 8:30h e estarán durante toda a xornada lectiva


DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA. CONFERENCIA SOBRE OS ESTUDOS DE ADE. 1º BACHARELATO B, C, XOVES, 9 DE XUÑO

O Departamento de Economía organiza unha charla para o alumnado de1º Bach B e C: D. Adolfo Carballo Penela, Profesor da facultade de ADE da USC. Conferencia sobre os estudos de ADE, orientación universitaria e as alternativas e saídas laborais dos graos da familia de economía e empresa.


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA. CHARLA "AO SON DA DOBRAXE". VENRES, 10 DE XUÑO


O alumnado do proxecto "Ao Son da Dobraxe" asisitirá a unha charla sobre a técnica Foley por parte de Diego S. Staub, un recoñecido mezclador de cine e editor de foley.

POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page