top of page

SEMANA DO 4 AO 8 DE ABRIL

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA. DEPARTAMENTO DE MÚSICA.REGUEIBERTSO 2022. DO 5 AO 8 DE ABRIL

O ano pasado o noso instituto iniciou un proxecto educativo pioneiro traballando a Improvisación Oral en Verso. Conseguimos integrar no Currículo Oficial unha materia para impulsar as habilidades orais do noso alumnado que se oferta como materia de libre configuración de centro en 2º da ESO. Traballamos neste proxecto conxuntamente co IES de Baio, de Burela e de Vila de Cruces, tentando mellorar a formación do noso alumnado a través dunha educación en valores e competencias que procura fomentar a autonomía, a creatividade, a expresión oral, o traballo en grupo, a expresión musical e corporal e o espírito crítico. Con este motivo organízase unha excursión a Euskal Herria, que terá lugar entre o días 5 e 8 de abril do 2022.


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, CLUB DE DEBATE. 5 E 6 DE ABRIL

Os días 5 e 6 de abril o Club de debate participa nunha das fases clasificatorias que se vai celebrar en Negreira.


DEPARTAMENTO DE GALEGO-PORTUGUÉS. VIAXE A PORTUGAL. 7 DE ABRIL

Excursión a Portugal con 3º, 4º ESO e 1º/2º Bacharelato o día 7 de abril

POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page