2º BACHARELATO. ENCONTRO CON CARLOS SEIXAS
O xoves 26 de setembro, no noso centro tivemos a sorte de recibir a un dos mellores programadores de músicas do mundo de Europa, Carlos Seixas (director do FMM de Sines).
O alumnado de 2º de bacharelato de Artes Escénicas mantivo unha conversa dialóxica na que aprendeu como a cultura é capaz de mudar a imaxe dun pobo. Falaron tamén da importancia do respeto á diversidade cultural e dos coidados:
“nós temos medo do descoñecido, pero a través do coñecemento do descoñecido é que nós conseguimos acollelo e sorrir para el”.
Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!
Actividade do departamento de Música
Σχόλια