top of page

SEMANA DO 25 AO 29 DE ABRIL

ACTIVIDADES DE SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOTECA

LUNS, 25 DE ABRIL

  • Mesa de préstamo na entrada. (1º e 2º recreo)

  • Préstamo sorpresa na biblioteca. Reunión club de lectura profesorado.(2º recreo)


MARTES. 26 DE ABRIL

  • Mesa de préstamo na entrada. (1º e 2º recreo)

  • Préstamo sorpresa na biblioteca.


MÉRCORES. 27 DE ABRIL

  • Entrega de premios a cargo do Director ás mellores lectoras deste curso:

XOVES. 28 DE ABRIL

  • Programa de radio especial sobre libros e lecturas aberto á participación da comunidade educativa. Actividades dos clubs de lectura. Lecturas e gravacións de vídeos.


VENRES. 29 DE ABRIL

  • . Programa de radio sobre libros aberto á participación da comunidade educativa. Actividades dos clubs de lectura. Lecturas e gravacións de vídeos.

MÁIS INFORMACIÓN:


A REVOLUCIÓN DOS CARAVEIS. LUNS, 25 DE ABRIL. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

O luns 25 de abril, dende o Equipo de Normalización da Lingua Galega, queremos convidarvos ás actividades que estamos organizando para conmemorar a efeméride da revolución dos caraveis. De paso pretendemos homenaxear os 50 anos do Grândola en Compostela (ver ligazón). Así pois, gustaríanos moito contar coa vosa presenza no primeiro e/ou segundo recreo do luns para acompañar as propostas que vai a presentar o noso alumnado:


  • 1º Recreo: Presentación da curta "IES do Milladoiro: Terra da Fraternidade" na pantalla enfronte de conserxería.

  • 2º Recreo: Actuación musical, colocación da faixa e inauguración da plantación de caraveis enmarcada dentro do proxecto "Ao son da paisaxe". (no caso de chover a actuación realizaríase dentro).

IDENTIDADE E ELECCIÓN VOCACIONAL. MARTES, 26, MÉRCORES, 27 E XOVES, 28 DE ABRIL. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


O Departamento de Orientación organiza talleres co alumnado de 4º e 1º bacharelato ao respecto da temática "Identidade e elección vocacional" enmarcados dentro dos obxectivos de POAP do PAT terán lugar os días 26 e 27 de abril con 4º eso (duas sesións de 2 horas cada día e con cada grupo repectivamente) e o día 28 de abril con 1º de bacharelato (duas sesións de taller no mesmo día). Serán impartidos en colaboración coa técnico que desenvolve dito programa, o cal se enmarca dentro do Programa europeo Erasmus+. Os horarios e grupos serían:

  • 4º ESO A: 26 e 27 de abril 1ª e 2ª hora lectiva ambos días.

  • 4º ESO B: 27 de abril a 3ª e 4ª hora e 28 de abril na 5ª e 6ª hora lectiva

  • 4º ESO C : 27 de abril na 5ª e 6º hora e 28 de abril na 3ª e 4ª hora lectiva

  • 1º BACHARELATO A: dia 28 abril a 5ª e 6ª hora.

  • 1º BACHARELATO B: día 28 abril a 3ª e 4ª hora.

Lugar de realización: aulas de referencia.


XOGO SOBRE A TOPONIMIA E O CONTORNO DO CAMIÑO PORTUGUÉS. XOVES, 28 DE ABRIL DEPARTAMENTO DE GALEGO-PORTUGUÉS

O departamento de galego-portugués organiza unha charla-encontro coas deseñadoras de xogos de OZOCOgz, AS 9:40-10:30, no salón de actos, para os grupos de 1º ESO B e D, sen o alumnado de Agrupamento. A continuación, farán unha saída ata Raíces. O autobús sairá aproximadamente ás 10:45h. O percorrido deste tramo do Camiño Portugués ocuparía a 3ª e 4ª horas e volverían ao instituto no 2º recreo. Preténdese facer un vídeo resultante en forma de xogo sobre a toponimia e o contorno do Camiño Portugués.

Comments


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page