top of page

SEMANA DO 24 AO 28 DE XANEIRO

LUNS, 24 DE XANEIRO. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES DO MILLADOIRO. CLUB DE DEBATE.


O Club de Debate é un proxecto para dinamización lingüística entre a mocidade organizado desde varios concellos. Ten como finalidades contribuír ao uso oral do galego entre a mocidade e ofrecer recursos para a práctica de habilidades comunicativas e de relación interpersoal á vez que promove a reflexión e o intercambio de opinións. Os obxectivos son:

  • Favorecer o emprego da lingua galega entre a mocidade, especialmente os usos orais en contextos formais e informais.

  • Potenciar a fluidez comunicativa ligada á oratoria. - Promover o pensamento crítico e analítico.

  • Fomentar a diversidade de opinións, a tolerancia fronte a diferentes cuestións e o traballo en equipo.

Nesta ocasión o O ENDLG do IES do Milladoiro participa, no salón de actos, no Club de Debate, xunto ao IES Plurinlíngüe de Ames.


MARTES, 25 E VENRES, 28 DE XANEIRO. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. PROXECTO DE COMUNICACIÓN TEATRAL, EMOCIONALIDADE E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS


O Departamento de Orientación, no marco do Programa Quéda-T no que participa o noso centro este curso, organiza para o martes 25 e o venres 28 de xaneiro as dúas últimas sesións do taller para 1ºESO no que se traballan actitudes e valores para a inclusión, empatía e o desenvolvemento da autoestima e xestión emocional positiva do alumnado. A Actividade chámase "PROXECTO DE COMUNICACIÓN TEATRAL, EMOCIONALIDADE E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS". Trátase dun proxecto de innovación educativa e pedagóxica a través do teatro, a cargo dunha especialista.


XOVES, 27 DE XANEIRO. DEPARTAMENTO DE MÚSICA. CONCERTO DIDÁCTICO


O Departamento de Música organiza para o seu alumnado unha saída ao Concerto Didáctico da Real Filarmonía de Galicia, "Das Tebras á Luz", que se levará a cabo no Auditorio de Galicia. Se o tempo o permite, darán un paseo por Santiago (visita ao parque de Vista Alegre e á Catedral). A actividade ten os seguintes obxectivos:

  • Gozar dun espectáculo musical en directo e aprender as normas que rexen este tipo de eventos

  • Ver e escoitar os instrumentos musicais que conforman unha orquestra sinfónica

  • Coñecer lugares emblemáticos da cidade de Santiago

POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page