Semana do 24 ao 28 de maio
- leonomilladoiro
- 21 may 2021
- 2 Min. de lectura

Luns 24
Quen foi a homenaxeada nas Letras Galegas 2021?
O actor Serafín Marcos vai realizar unha representación sobre a vida e obra de Xela Arias, desde a rapaza que gañou un premio de relatos á poeta e tradutora adulta, pasando pola adolescente rebelde e inconformista.
Actividade organizada polo EDLG.
4º ESO B: 9:50- 10:30; profesora acompañante: Vanesa
1º BAC B: 10:50 - 11:40; profesor acompañante: Antonio Puentes
Casa da Cultura
Entrega de premios do concurso Canguro matemático (XXII edición)
Acto organizado polo departamento de Matemáticas.
Segundo recreo
Desdobre 2
Martes 25
Jamm-in!: encontro intercultural
Encontro intercultural, artístico e educativo relacionado co proxecto Jamm-in! no que o centro participa. Actividade encamiñada á inclusión social a través da expresión artística e á mellora da convivencia organizada polo Departamento de Música en colaboración co EDLG.
3º ESO D/E: 10:50 - 12:30
Profesorado acompañante: Antonio Puentes e Vanesa (3ª hora); Ana Varela e Vanesa (4ª hora).
2º ESO A: 12:50 - 14:25
Profesorado acompañante: Mila (3ª hora) e Teresa (4ª hora)
2º ESO D/E: 16:40 - 18: 10
Profesorado acompañante: Mª José Ocampo (7ª hora) e Paula Ribadulla (8ª hora)
Casa da Cultura
Mércores 26
Encontro con Guadi Galego
Charla - concerto de Guadi Galego organizado polo Departamento de Música en colaboración co EDLG.
2º ESO A: 10:50 - 12:30
Profesorado acompañante: Teresa (3ªhora) e Helena (4ª hora)
Casa da Cultura
Xoves 27
Roteiros emocionais
Obradoiro para crear "roteiros emocionais" a través da memoria colectiva da oralidade a cargo de Vero Rilo e Marcos PTT. Actividade organizada polo departamento de Música grazas á colaboración da ANPA.
2º ESO C: 8:55 - 10:30
Profesorado acompañante: Manolo (1ª hora) e Mila (2ª hora)
Aula de informática
Venres 28
Redes sociais: consecuencias do uso indebido
Charla a cargo de membros da Garda Civil sobre o uso indebido das redes sociais.
4º ESO D: 8:55 - 9:40, aula de referencia
2º ESO D: 9:40 - 10:30, aula de referencia
4º ESO B: 10:50 - 11:40, aula de referencia
Jamm-in!
Novo obradoiro do proxecto Jamm-in!, “Joint Artistic Methodologies for Migrants Inclusion” (Metodoloxías artísticas para a inclusión e integración de persoas migrantes).
Alumnado do profesor Manuel Maseda dos grupos de 3º de ESO D e E.
9:40 – 10:30h
Aula 014
A que cheiran as cores?
Encontro co autor da obra homónima, Juan Casto Rivadulla, organizado polo EDLG.
4º ESO A; a partir das 12:50h. (probablemente continúe durante a 6ª hora).
Aula de referencia
Comments