DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA. LUNS, 21 DE MARZOVISITA AO CIMUS. 2º BACHARELATO A
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a actividade didáctica “Visita ao CIMUS” para o alumnado de 2º de Bacharelato.. A actividade terá lugar no CIMUS, nos Laboratorios Molecular Pharmacology of G protein-coupled receptor e nos Servicios centrais do Centro (microscopía, core facilities, citometría, Histoloxía) /Campus Vida-USC.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. PROMOCIÓN DE SAÚDE NO ÁMBITO ESCOLAR. LUNS, 21 DE MARZO
O Departamento de Orientación organiza uns talleres de PROMOCIÓN DE SAÚDE NO ÁMBITO ESCOLAR en colaboración co Concello sobre “Prevención e promoción da saúde no ámbito escolar”
3ºESO D:Talleres de sexualidade
2º Bacharelato B: Regulación e xestión emocional
DEPARTAMENTO DE MÚSICA. ROMPETIÑO. 2º BACHARELATO. VENRES, 25 DE MARZO
O Departamento de Economía organiza unha conferencia, na que os emprendedores do festival de música "Rompetiño" (que se celebra no concello de Porto do Son) explicarán unha serie de aspectos vencellados á idea de negocio, a financiación e o marketing. O obxectivo é achegar ao alumnado a un proxecto de emprendemento de éxito da contorna e que goza de gran popularidade entre a xente nova, estimulando o espírito emprendedor e coñecendo de primeira man o singular proceso de crecemento deste proxecto. Asistirá o alumnado da materia de Fundamentos de Administración de Empresas (2ºBach), pero queda aberta, a calquera outro grupo ou alumnado que teña especial interese, xa que se abordan temáticas diversas, como son a elaboración de contidos dixitais ou a produción audiovisual.
DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA. BIG DATA&ANALYTICS: AS DECISIÓNS QUE TRANSFORMAN O MUNDO. VENRES, 25 DE MARZO. 4º ESO
O Departamento de Tecnoloxía organiza unha charla titulada: ¨ “Big Data & Analytics: as decisións que transforman o mundo” Describe como o uso das técnicas de Intelixencia do negocio serven para apoiar a toma de mellores decisións en distintos ámbitos, desde a xestión da pandemia COVID, hasta a selección do quinteto titular dun equipo de baloncesto profesional. A charla está pensada para o alumnado de TIC de 4ºESO e levarase a cabo vía Streaming.
DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. VIAXE A ANDORRA. DO 26 DE MARZO AO 2 DE ABRIL. 4º ESO E 1º BACHARELATO
O Departamento de Educación Física organiza una viaxe a Andorra dende 26 de marzo ao 2 de abril. Alonxamento no hotel Panorama (Escaldes) e prácticas na estación de Grandvalira, que poden ser en inglés ou francés.
Comments