top of page

SEMANA DO 19 AO 22 DE ABRIL

VISITA A PORTUGAL. DEPARTAMENTO DE GALEGO-PORTUGUÉS. MÉRCORES, 20 DE ABRIL

O Departamento de galego-portugués organiza unha saída didáctica a Portugal con 1º e 2º ESO



EXPERIENCIAS COMO LETRADO DE ASESORÍA XURÍDICA E OFICIAL DE NOTARÍA. DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA. MÉRCORES 20 DE ABRIL

O Departamento de Economía organiza unha charla para 2º de Bacharelato, alumnado de Economía de Empresa e Fundamentos de Administración e Xestión e tamén para o alumnado de 1º Bacharelato B e C, interesado en cursar estudos coneste perfil.


D. José Luís López-Morales y García, Oficial Maior da notaría de Cuntis, informará da súa experiencia tanto como letrado da asesoría xurídica de Abanca como de oficial de Notaría.


A charla versará sobre a función das notarías na sociedade actual, destacando a importancia da seguridade xurídica no ámbito empresarial e persoal, elaboración de documentación legal precisa e constitución de empresas, así como de diferentes alternativas de trabalo que ofrecen os estudos de Dereito.


Comments


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page