top of page

SEMANA DO 15 A0 19 DE NOVEMBRO

  • leonomilladoiro
  • 15 nov 2021
  • 2 Min. de lectura

MARTES, 15 DE NOVEMBRO


DEPARTAMENTO DE BIOLOXÍA.VIDEO-CONFERENCIA



O departamento de Bioloxía participa co alumnado de 4ºESO-C e B coa materia de Bioloxía e Xeoloxía na videoconferencia organizada por IGACIENCIA: “O que aprendimos da Pandemia” . Será transmitida en directo desde Houston (Texas) a cargo de Sonia Villapol Salgado. A actividade terá lugar na sala de usos múltiples  HORA: de 13:00 a 14:00


DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. NOVA JUMP

O Departamento de Educación Física organiza unha actividade de saltos e acrobacias en Santiago de Compostela NOVA JUMP (Área Central) para os grupos de 2º ESO A, B e C


AGARESO. A TRIBO



O noso Centro participa nunha actividade para 2º e 3º ESO, organizada por Agareso, co obxectivo de mellorar a convivencia, coa visualización e posterior debate dunha serie de curtas nas que participan duas alumnas do noso centro: Aroha Brandon e Lorena Seoane. A actividade, que se chama A tribo, terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.


MÉRCORES, 16 DE NOVEMBRO

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS. CONTES AFRICAINS

O Departamento de Francés participa co alumnado de 3º ESO C, D-E e 4º ESO A, B e C, na actividade Contes africains a cargo do narrador camerunés Samuel Mountoumnjou. A actividade terá lugar no Salón de actos


XOVES, 18 DE NOVEMBRO

RECOÑECEMENTO Á ALUMNA ALBA DIEZ MARIÑO POLO PREMIO EXTRAORDINARIO DE ESO AO RENDEMENTO ACADÉMICO


Acto de recoñecemento a Alba Diez Mariño, ca participación da titora, o equipo directivo, profesorado e alumnado de 1º Bacharelato A pola obtención dun premio extraordinario de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico. 5º hora. Sala de usos múltiples


VENRES, 19 DE NOVEMBRO

ACTIVIDADE DO COMITÉ DE IGUALDADE


conmemorando o 25 N, representarase no centro un teatro-foro a cargo da compañía PSIARE que tratará de fomentar o arte coma unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento persoal e social. Alumnado ao que vai dirixida: 1º Bacharelato A/B

 
 
 

Commenti


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
  • b-facebook
  • Twitter Round
  • Instagram Black Round
bottom of page