LUNS, 13 DE DECEMBRO. DICCIONARIOS DE IDA E VOLTA. EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO IES DO MILLADOIRO
O ENDLG participa co alumnado de 1ºESO-A na actividade organizada por AGARESO : “Dicionarios de ida e volta” . Está coordinada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, dentro do programa Xacobeo 21-22 da Xunta de Galicia. A actividade terá lugar na aula de referencia de 1º ESO A de 12:50 a 14:30.
MARTES, 14 DE DECEMBRO. VIDEOCONFERENCIA DE MIGUEL ARES. DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA
O Departamento de Economía ten organizada unha videocnferencia, as 13:40 h, para o alumnado de Fundamentos de Administración e Xestión e Economía de empresa de 2º Bach. O poñente será Miguel Ares; Project Manager de Altia, que é a maior empresa tecnolóxica de capital galego. A charla terá dúas vertentes: unha parte cun perfil máis técnico-científico e outra parte orientada á estratexia de negocio e a proposta de valor da empresa.
MÉRCORES, 15 DE DECEMBRO. FOOT. PALLASOS EN REBELDÍA
O noso Centro organiza unha actividade para 3º, 4º ESO, 1º e 2º BACH co obxectivo de buscar a reflexión na xente nova sobre determinadas inxustizas. Traballaranse os valores con atención á diversidade, sempre cun toque necesario de humor. Por iso queremos levar ao noso alumnado a ver a última creación da compañía de teatro “Pallasos en Rebeldía” titulada FOOT. A actividade terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o próximo mércores, día 15 de decembro, co seguinte horario: 3º e 4ºESO: de 12:40 a 13:30 e 1º e 2º BACH: de 13:40 a 14:30.
Comentarios