top of page

SEMANA D0 14 AO 18 DE FEBREIRO

COMITÉ DE IGUALDADE. 14 DE FEBREIRO

O Comité de Igualdade ten previsto organizar unha actividade para conmemorar o 14 de febreiro. Pretenden combater o mito do amor romántico, en favor do amor propio e do amor verdadeiro. Haberá SORPRESAS!! A actividade terá lugar no 1º recreo, na entrada principal do instituto



COMITÉ DE IGUALDADE. TERTULIAS CIENTÍFICAS. LUNS, 14 E MARTES, 15 DE FEBREIRO. SEGUNDO RECREO

Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o Comité de Igualdade do IES do Milladoiro continuará a desenvolver esta semana, nos segundos recreos do luns e o martes, as tertulias científicas xa iniciadas o venres, 11 de febreiro.



DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. ORIENTACIÓN VOCACIONAL. MÉRCORES, 16 DE FEBREIRO. 4º ESO

O Departamento de Orientación organiza un obradoiro sobre Orientación Vocacional para 4º ESO o mércores, 16 de febreiro.


DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. CIBERSEGURIDADE. VENRES, 18 DE FEBREIRO. 1º ESO

O Departamento de Orientación organiza un obradoiro impartido por técnicos da Garda Civil sobre CIBERSEGURIDADE para o alumnado de 1ºESO o venres, 18 de febreiro.

Commentaires


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page