O pasado mércores 5 de febreiro, o alumnado de Bacharelato visitou a USC, iniciativa promovida polo Programa A Ponte
Esta actividade levada a cabo polo Departamento de Orientación tivo como finalidade fomentar o autocoñecemento e a toma de decisións vocacionais facilitando que o alumnado identifique os seus intereses e preferencias a través do contacto directo cos diferentes graos universitarios.
Deste xeito, esta proposta permitiu favorecer a reflexión do alumnado de BAC ofrecéndolles unha visión práctica e detallada das posibilidades que ofrecen os difentes graos fomentando unha comprensión máis ampla das opcións dispoñibles.
Actividade coordinada polo Departamento de Orientación.
Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!
Comments