O SAMAÍN NO MILLADOIRO: CELEBRACIÓN DAS NOSAS RAÍCES
O Samaín é unha festa profundamente arraigada na cultura galega, que marca o fin da época de colleita e a chegada do inverno. Esta celebración, que ten as súas orixes nas tradicións celtas, é un momento especial para honrar aos nosos defuntos e conectar coas nosas raíces.
En Galiza sempre houbo tradición de pedir polas casas tanto en Defuntos como no Nadal, Entroido...
En lugares como Cedeira, o Samaín mantén a súa esencia, e na vila enteira levan a cabo tradicións que se transmiten de xeración en xeración. De feito na Illa de Arousa, as crianzas saen todos os anos pedir lambetadas coa seguinte frase: “unha limosniña polos defuntiños que van alá”.
No IES do Milladoiro, o Samaín non só se converte nunha ocasión para divertirse con disfraces e xogos, senón tamén unha oportunidade para aprender sobre a historia e a cultura galega. É un momento ideal para que o alumnado asimile a importancia de valorar as nosas tradicións e a riqueza da diversidade cultural. Aínda que o Halloween, que se popularizou en moitas partes do mundo, se presenta como unha celebración similar, é fundamental recordar que se trata dunha copia do Samaín celta. Esta relación entre as festas destaca a influencia que as distintas culturas teñen entre si, pero tamén a singularidade das nosas tradicións.
A celebración do Samaín vai máis alá do simple acto de recordar aos defuntos; é un momento para reflexionar sobre a vida, a morte e as conexións que temos co noso pasado. A importancia de lugares como Cedeira ou a Illa de Arousa radica na súa capacidade para preservar estas prácticas culturais, permitindo que as novas xeracións medren cun sentido de identidade e pertenza.
Así, ao celebrar o Samaín nas escolas, non só estamos mantendo viva dita tradición, senón que tamén estamos promovendo o respecto pola diversidade cultural. Aprender sobre as diferentes maneiras de venerar aos defuntos en todo o mundo enriquece a nosa comprensión e apreciación da vida, e axúdanos a formar un futuro máis inclusivo e respectuoso.
Neste contexto, é interesante comparar o Samaín coa celebración do Día de Mortos en México, onde a figura da Catrina se converte en símbolo da morte e da vida ao mesmo tempo. A Catrina, coa súa elegante vestimenta e o seu aspecto festivo, representa a dualidade entre a vida e a morte, e é un recordatorio de que os defuntos seguen presentes na memoria e na celebración da vida.
Tamén en outros lugares de América do Sur, as tradicións en torno ao Día de Mortos revelan un profundo respecto e veneración polos defuntos, con rituais que incorporan elementos da cultura indíxena e da colonización europea. En moitas comunidades, a conexión cos antepasados é fundamental, e as celebracións inclúen ofrendas, música e danzas que honran a aquelas persoas que xa non están entre nós.
Aprender sobre as diferentes maneiras de venerar aos defuntos en todo o mundo, como a Catrina en México ou as tradicións en América do Sur, enriquece a nosa comprensión e apreciación pola vida e a súa diversidade.
O Samaín, con toda a súa maxia e simbolismo, segue a ser unha parte esencial da nosa identidade galega, un legado que debemos coidar e transmitir. Neste intercambio cultural, toda e todos aprendemos que a morte é tamén un motivo para celebrar a vida, e que as nosas tradicións son un fío que nos une a todas as culturas do mundo.
A rapazada do instituto traballou intensamente para decorar as aulas, os espazos comúns e incluso construír de xeito colaborativo e autónomo unha serie de representacións teatrais arredor desta liña de investigación. Un luxo de alumnado que nos sorprende positivamente día a día.
O martes 5 de novembro entrégaronse os recoñecementos aos proxectos individuais de decoración de cabazas e ás aulas máis implicadas co proxecto que pasaron unha tarde de cinema no IES coa proxección da película DIVERTIMENTO.
Podes ver o traballo do noso alumnado na seguinte ligazón:
Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
Actividade de Vicedirección.
Comentários