O martes 3 de decembro do 2024, o alumnado de TIC II e de Tecnoloxía e Enxeñería II participou nunha charla na que o profesor Efrén Arias Jordán, do Departamento de Electrónica e Computación pertencente a Escola Politécnica Superior de Enxeñería, explicou os fundamentos das linguaxes de programación aplicadas ao control de robots. Nesta amena charla, o profesor Efrén, fixo fincampé nas linguaxes de programación C++ e Python, cos cales programou un pequeno robot que trouxo para explicar o seu funcionamento. Tamén indicou as múltiples saídas que ten a programación aplicada a robótica nos campos dos sistemas industriais tales como a manipulación de materiais na que se utilizan robots para a clasificación, embalaxe e paletización de produtos , na loxística en empresas como Amazón e as industrias de alimentación como as do leite e queixos.
Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
Actividades do Departamento de Tecnoloxía.
Comments