top of page

MARTES 11 DE FEBREIRO

O pasado 11 de febreiro, o alumnado de 4º de ESO da materia de Expresión Artística participou nunha saída didáctica organizada polo Departamento de Artes Plásticas. O profesorado acompañante foi Rubén Martínez Alonso, de Xeografía e Historia, e Ana Vidal Ruiz de Velasco, de Expresión Plástica.

 

A xornada comezou no Museo Provincial de Pontevedra, onde realizamos un percorrido pola colección permanente, explorando diversas obras representativas da arte galega e universal, que abarcan dende pintura e escultura ata artes decorativas. Tamén visitamos as salas dedicadas a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao,  onde o alumnado puido coñecer en profundidade a súa obra e o seu legado cultural.Despois, trasladámonos a AFundación, no edificio do Café Moderno, para participar nun taller de fotografía inspirado na obra de Fuco Reyes e a súa exposición Tu reflejo en otra persona: Identidad y reverso en la adolescencia. Durante o taller, os estudantes exploraron o tema da identidade dende unha perspectiva  fotográfica, reflexionando sobre o espello e o concepto de autorrepresentación na adolescencia. Para finalizar, tivemos unha visita guiada ao propio edificio do Café Moderno, tamén vinculado coa figura de Castelao, no que o alumnado coñeceu a historia e a importancia deste espazo na vida cultural de Pontevedra.Esta saída foi unha oportunidade para combinar o coñecemento teórico e a creatividade práctica, ofrecendo ao alumnado unha experiencia artística e formativa de gran valor.



Porque no Milladoiro:

 

Somos Diferentes... Somos Referentes!!!


Actividade do Departamento de Artes Plásticas e de Xeografía e Historia.

Comments


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
  • b-facebook
  • Twitter Round
  • Instagram Black Round
bottom of page