2º BACHARELATO. TALLERES DE AUTORREGULACIÓN EMOCIONAL.
O alumnado de 2º Bacharelato contou esta semana cunhas sesións para aprender a xestionar e autorregular as emocións posto que somos conscientes da necesidade de acompañar e coidar nesta etapa tan importante.
Esta actividade foi impartida por CoidadosAmente en colaboración co Concello de Ames.
Fomentar hábitos e estratexias de autocoidado emocional constituiu o principal obxectivo deste programa, co fin de poder mellorar a capacidade para regular as emocións dun xeito saudable.
A dinámica desenvolveuse desde unha metodoloxía participativa, tendo en conta a experiencia subxectiva do alumnado sobre as súas propias dificultades e habilidades para poder comprender e manexar mellor as situacións inherentes ao momento vital e social polo que están a atravesar, dotando de ferramentas e coñecementos necesarios para fomentar a saúde mental do alumnado.
Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
Actividade do departamento de Orientación en colaboración co Concello de Ames.
Comments