top of page

MÉRCORES 13 DE NOVEMBRO

  • leonomilladoiro
  • 13 nov 2024
  • 1 Min. de lectura

CLUB DE LECTURA DE PORTUGUÉS.



Nun mundo cada vez máis dixital con vantaxes innegables, pero que tamén nos afasta dos vellos hábitos, o contacto coa biblioteca, co papel, co cheiro dos libros é algo que hai que fomentar ás novas xeracións. A urxencia da lectura e todos os beneficios inherentes a ela (desenvolvemento cognitivo, formación de xuízos críticos, aumento do vocabulario, mellora da capacidade de escritura) son a base deste “Club de lectura”.

As portas do Club están abertas a todo aquel que queira participar nel, xa que é a través do intercambio de experiencias e ideas que medran os proxectos.


"Ler pode cambiar a vida de alguén"


O noso primeiro encontro foi repleto de alegría e vontade de coñecer a literatura dos países de lingua portuguesa, comenzamos coa incríbel escritora brasileira Clarice Lispector.

Alén diso, o alumnado tivo a oportunidade de probar un pouquiño da culinaria brasileira, cos deliciosos “pão de queijo” e “pé-de-moleque”.


Porque no Milladoiro:


Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.


Actividade da Biblioteca e de Portugués.

 
 
 

Comments


POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
  • b-facebook
  • Twitter Round
  • Instagram Black Round
bottom of page