1º E 3º ESO. ANDAINA EMOCIONAL ATÉ O BANQUETE DE CONXO
O pasado venres 4 de outubro, máis de 150 rapazas e rapaces acompañadas de dez docentes do IES do Milladoiro realizaron unha particular andaina desde o centro até o Banquete de Conxo. A saída didáctica consistía en tecer redes emocionais de coñecemento mutuo entre o alumnado acabado de chegar a primeiro da ESO e o alumnado acolledor de terceiro da ESO. Un paso máis para mellorar a convivencia positiva do noso centro e seguir avanzando na continuidade do Selo de Vida Saudable. A actividade foi deseñada pola Coordinadora de Benestar e Convivencia do Centro e forma parte dun programa de traballo entre iguais de grupos de apoio e coidado. Agradecemos a colaboración da ANPA do IES do Milladoiro polo apoio mostrado e por sufragar a entretida actividade de dinámicas de grupo realizada por Brais Fernandes e Katsikoula. Un luxo poder gozar da natureza da nosa contorna coa rapazada. Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!.
Actividade da Coordinadora de Benestar e Convivencia en colaboración coa Anpa do IES do Milladoiro.
Comments