2ºBACHARELATO. COLABORACIÓN CO FESTIVAL MARÉ
O domingo, 29 de setembro o alumnado 2º bacharelato de Artes Escénicas colaborou activamente co Festival Maré. Un evento que celebra a música e a creatividade a través da interculturalidade. Un selo de identidade que tamén está moi presente no noso centro educativo.
Este festival, que tivo lugar en Santiago de Compostela do 26 ao 29 de setembro, foi unha oportunidade única para que o noso alumnado aprendera de xeito significativo como se organiza un festival desde dentro.
Tamén asistiton ao espectáculo “Lá no Xepangara”, unha homenaxe lusófona ao cantor e poeta José Afonso, aos ensaios e viviron a produción por dentro grazas a Conchi e Quique, dos cales aprenderon moito.
A maiores tiveron a sorte de poder entrevistar a Carlos Blanco, Uxía, Faia e Ugia para presentarlles o noso proxecto de centro: Somos Diferentes… Somos Referentes. Unha alegoría á riqueza intercultural que ten o noso benquerido Milladoiro.
Porque no Milladoiro:
Somos Diferentes... Somos Referentes!!!
Comments