top of page

Semana do 23 ao 27 de novembro

1º ESO


Continuación do obradoiro sobre o bo uso das novas tecnoloxías


Duración: catro sesións consecutivas

Aulas de referencia.

Profesorado acompañante: profesorado titor.


2º ESO


Obradoiro sobre resolución de conflitos


Continuación do Obradoiro nos grupos de 2º D, 2º B, 2º F e 2º E.

Duración: catro sesións consecutivas (excepto nos grupos de 2º A e 2º C).

Aulas de referencia.

Profesorado acompañante: profesorado titor.


3º ESO


Continuación do obradoiro sobre igualdade e bos tratos


Aulas de referencia.

Duración: catro sesións consecutivas.

Profesorado acompañante: profesorado titor.


Mércores 25


Conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero


Con motivo da conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero, dende o Comité de Igualdade vaise agasallar a todo o alumnado cunha máscara morada para que “vistan” ese día. O reparto destas máscaras realizarase 20 minutos antes do primeiro recreo por parte dun membro/a do comité que previamente explicará de forma moi breve o motivo da conmemoración e logo procederá ao reparto das máscaras (non sendo obrigatorio collela). A máscara será proporcionada dentro dun sobre.





Videoconferencia de María Peralta (ADIADA)




O alumnado de 2º ESO E terá un encontro vía telemática coa autora da obra que están a traballar: Cores prohibidas. A actividade está organizada polo departamento de Xeografía e Historia.


Biblioteca

9:00 – 10:30

Profesorado acompañante: Víctor









Xoves 26


EpDLab


Dende hai varios cursos o noso centro participa cun grupo de alumnos e alumnas no proxecto educativo EpDLab (Educación para o Desenvolvemento-Laboratorio), proxecto realizado grazas á participación da ONG Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) e no que se traballa a educación para o desenvolvemento (racismo, xenofobia, igualdade de xénero, consumo responsable, cooperación, coidado do medio...) a través da creación de contidos multimedia. Este curso o proxecto desenvolverase co alumnado de 2º ESO C e o profesor responsable é Manuel Maseda.


Trátase de realizar dous obradoiros trimestrais de 100 minutos de duración (dúas sesións lectivas). Tendo en conta a situación actual, o EpDLab continuará para o alumnado participante a través dunha aula virtual que xa empezou a funcionar o curso pasado logo do confinamento.


Aula de informática 015

12:50 – 14:30

A violencia de xénero a través das pantallas

Neste taller, enfocado á mocidade de entre 14 e 16 anos preténdese facer unha abordaxe dalgunhas das conductas vencelladas á violencia de xénero que se produce nas distintas redes sociais desde un enfoque dinámico e próximo. Debemos lembrar que os e as adolescentes son unha poboación altamente vulnerable a sufrir todo tipo de agresións na rede e, entre estas, a violencia de xénero. Trataranse temas de relevante importancia e actualidade, como o acoso por mensaxería, os insultos desde o anonimato, a violencia verbal… dedicando tamén un espazo para falar dos canons de beleza e comportamento que nos inculcan redes como Instagram ou TikTok. Todo iso, enlazarase co impacto que pode sufrir a saúde mental (autoestima, auto imaxe, niveis de ansiedade…) en idades temperás. Ao longo das sesións procurarase en todo momento manter o interese da mocidade, utilizando un vocabulario e dinámicas atractivas para así acadar maior participación pola súa parte e unha aprendizaxe significativa.

O obradoiro é organizado polo CIM de Ames con motivo do 25 N


9:00 – 10:30: 2º ESO E, aula de referencia.

10:50 – 12:30: 3º ESO E, aula de referencia

[1] A próxima sesión de 2º A será o 2 de decembro; a de 2º C o día 3.

POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page