top of page

Semana do 16 ao 20 de novembro

1º ESO

Continuación do obradoiro sobre o bo uso das novas tecnoloxías

Duración: catro sesións consecutivas

Aulas de referencia.

Profesorado acompañante: profesorado titor.

2º ESO

Obradoiro sobre resolución de conflitos

Continuación do Obradoiro nos grupos de 2º D, 2º B, 2º F, 2º E e 2º C.

2º A: Comezo o mércores 18 de 9:40 a 10:30 (2ª)

Duración: catro sesións consecutivas (excepto nos grupos de 2º A e 2º C).

Aulas de referencia.

Profesorado acompañante: profesorado titor.

3º ESO

Continuación do obradoiro sobre igualdade e bos tratos

Aulas de referencia.

Duración: catro sesións consecutivas.

Profesorado acompañante: profesorado titor.

Luns 16

Só a ciencia nos rescatará da pandemia

Conferencia a cargo de Sonia Villapol Salgado organizada pola Institución Galega da Ciencia (Igaciencia), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

O evento retransmitirase en directo das 12.45 ás 14.00 h desde o Centro Médico de Texas (Houston) onde esta científica desenvolve as súas investigacións. A conexión cos centros realizarase pola Webex da Xunta; aínda que parece que facilitarán tamén unha comunicación a través de youtube.

Alumnado de 1º bacharelato A

Alumnado de 1º bacharelato B

Alumnado de 2º bacharelato A (alumnado de Bioloxía)

Martes 17

Jamm-in!

Iniciarase a participación no Proxecto Jamm-in!, “Joint Artistic Methodologies for Migrants´ Inclusion” (Metodoloxías artísticas para a inclusión e integración de persoas migrantes). Trátase dun proxecto asociado á aprendizaxe para a innovación no ámbito da xuventude financiado polo programa Erasmus+ da UE e desenvolvido polo Cole ctivo Daquíedacolá.

Alumnado do profesor Manuel Masedsa dos grupos de 3º ESO D/E

Aula ordinaria

13:40- 14:25.

Mércores 18

Previsible comezo de Anaquiños matemáticos

Un curso máis a Área de Didáctica da Matemática da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co programa Conecta-Aleida, vai realizar no noso centro a actividade Anaquiños matemáticos co alumnado de 1º ESO seleccionado polo departamento de Matemáticas.


A sesión leva por título “Matemaxia”

16:30 - 17-30

Aula 236

Venres 20

Móbiles, radiación electrónica e cerebro

Conferencia de Xurxo Mariño organizada polo EDLG en colaboración co departamento de Lingua galega coa intención de conmemorar o Mes da ciencia en galego.

1º BAC A (transmitida vía Webex aos demais grupos)

Aula ordinaria

10:50 -12:30.

POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page