top of page

Semana do 2 ao 6 de marzo

Obradoiro de igualdade e bos tratos

Continuación do obradoiro a cargo de Igaxes 3 para o alumnado de 3º de ESO dos grupos A e B. Levarase a cabo na sesión de Titoría. 3º ESO A: luns, 8.50 - 9.40

3º ESO B: xoves, 9.40 – 10.30 Aulas de referencia

Inicio do obradoiro para os grupos C, D e E; os venres na sesión de Titoría (13.40 – 14.30). O obradoiro continuará os días 13 e 20 de marzo e o 17 de abril.

Obradoiro sobre resolución de conflitos

Obradoiro sobre resolución de conflitos e habilidades para a mediación a cargo de Igaxes 3 e organizado polo dpto. de Orientación para o alumnado de 2º de ESO. Terá lugar en catro sesións de Titoría consecutivas.

2º ESO B: luns,13.40 - 14.30. Aula de referencia.

2º ESO D/E: luns,13.40 - 14.30. Aula de referencia.

2º ESO A: xoves, 9.40 - 10.30. Aula de referencia.

O obradoiro comezará en 2º ESO C o martes, 10 de marzo.

Luns 2

Talleres con Igaxes3

Dinámicas encamiñadas á mellora da convivencia. 1º ESO A

8.50 – 10.30

Aula de referencia

A matemática na codificación de mensaxes

Charla a cargo de Alberto Cabada (profesor do Departamento de Análise Matemática da Facultade de Matemáticas) e organizada polo dpto. de Matemáticas ao abeiro do programa A Ponte da USC.

Alumnado de 1º BAC que cursa a materia de Matemáticas.

11:40 horas

Usos múltiples

Lectura de poemas en galego de Rosalía de Castro.

Recreos

Biblioteca

Martes 3

Concerto didáctico

Actividade organizada polo dpto. de Música para o alumnado de 2º de ESO e que está estruturada do seguinte xeito:

  • De 10:00 a 11:15h, concerto didáctico no Auditorio: “GALLAECIAGALLAECIÑOS”

  • De 11:45 a 13:00h, visita guiada ao Museo das Peregrinacións

  • De 13:00 a 13:45, paseo libre pola zona vella de Santiago

9.10 - 14.30

Profesorado acompañante: Xoana e Jaime

Encontro con Fernando Lalana

Encontro co autor de El matarife, obra de lectura obrigada.

Actividade organizada polo dpto. de Lingua castelá. Alumnado de 4º de ESO 12.50- 13.40

Profesorado acompañante: o que tiña clase con eles nesa sesión .

Usos múltiples

Lectura de poemas de Rosalía de Castro

Recreos

Biblioteca

Mércores 4

Concurso de recitado de poemas en galego de Rosalía de Castro

2º recreo.

Biblioteca

Anaquiños matemáticos

Sesión baixo o título de Xeometría dinámica.

Aula de informática.

Xoves 5

Plantación de árbores no Paseo de Carmen Amado

Con motivo do Día Internacional das Mulleres o Concello de Ames levará a cabo un acto que consistirá na plantación de dúas árbores no Paseo de Carmen Amado (situado no IES de Ames) tralo que se lerá o manifesto institucional e haberá unha intervención do alumnado dos diferentes centros educativos da contorna.

Participará o alumnado incluído no programa IGUÁLA-T (contratos-programa) pertencente aos seguintes grupos: 2º de Bach A, B e C, 1º bach B, 4º ESO C e 1º ESO B.

11.40 – 13.40

Profesora acompañante: Julia

Venres 6

Ecoauditoría

O alumnado de 4º de ESO da materia de Cultura Científica rematará a ecoauditoría coa axuda dun membro de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza). O alumnado realizará propostas de mellora.

13.40 - 14.30

Profesora acompañante: Sara.

POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page