top of page

Semana do 17 ao 21 de febreiro

Obradoiro de igualdade e bos tratos

Continuación do obradoiro a cargo de Igaxes 3 para o alumnado de 3º de ESO dos grupos A e B. Levarase a cabo na sesión de Titoría. 3º ESO A: luns, 8.50 - 9.40

3º ESO B: xoves, 9.40 – 10.30 Aulas de referencia

Talleres con Igaxes3

Realización de dinámicas co alumnado de 1º e 2º de ESO en sesións de 100 minutos cada unha. Estes talleres comezarán o luns, pero continuarán nas vindeiras semanas.

O Milladoiro entre culturas

Bota a andar o proxecto O Milladoiro entre culturas. Logo de que durante esta semana a maioría do alumnado fora informado sobre o proxecto, e contando coa colaboración inestimable do dpto. de Xeografía e Historia e tamén de Vanesa, comezan as xornadas de traballo en común. O alumnado xuntarase na biblioteca para preparar as exposicións, que serán sempre coordinadas polo profesoado.

Luns 17

Teatro Foro

Obradoiro organizado polo dpto. de Orientación e levado a cabo pola ACPP.

1º ESO A: 8.50 -9.40.

Aula de referencia

Invisibles

Asistencia do alumnado de 1º de bacharelato á representación da obra Invisibles. A obra, representada pola compañía Redrum, é un espectáculo de creación colectiva a partir da novela homónima de Montse Fajardo que representa ante o público diversas historias cun fío común: a violencia de xénero. Despois da representación haberá un coloquio coa autora.

Alumnado de 1º de bacharelato

10.20 – 13.40

Acompañante: Beatriz

Martes 18

Encontro con Nando López

Encontro co autor de El reino de las tres lunas (lectura obrigatoria para o alumnado de 2º de ESO) e coordinador da Antología poética de la Generación del 27 (lectura obrigatoria en 4º de ESO). A actividade está organizada polo dpto. de Lingua castelá.

16.30 - 17.20: alumnado de 2º de ESO.

Usos múltiples

Profesorado acompañante: o que teña clase con eles nese horario.

17.40 - 18.10: alumnado de 4º de ESO

Usos múltiples

Profesorado acompañante: o que teña clase con eles nese horario.

Mércores 19

Anaquiños matemáticos

Sesión baixo o título O entroido da combinatoria

Alumnado voluntario de 1º de ESO

16.30 – 17.30

Xoves 20

Club de debate. Formación.

Alumnado voluntario de 4º de ESO 16.30 - 18.00

Radio. Formación.

Alumnado voluntario

16.30 – 17.30

Venres 21

Entroido

Grupos participantes

1º ESO A, 1º ESO B, 1º ESO E, 2º ESO A, 2º ESO B, 2º ESO C, 2º ESO D/E, 3º ESO A, 3º ESO C, 3º ESO D, 4º ESO A, 4º ESO B, 1º BAC B, 2º BAC A

  • Ata 12:15 h.: clase normal.

  • 12:15 – 12.30: Os grupos participantes poñerán os disfraces nas súas aulas, acompañados polo profesorado co que tiñan clase.

  • 5ª e 6ª horas: Festival no ximnasio

POSTS RECIENTES:
BÚSQUEDA POR TAGS:
bottom of page